lunes, 12 de marzo de 2012

Las asociaciones ecologistas de Galicia rechazan la ley de caza por “ceder la gestion del monte a los cazadores”

ADEGA, FRUGA e a ORGACCMM rexeitan a lei de caza do PP por ceder a xestión do monte aos cazadores
6 de marzo de 2012. Logo de ter revisado polo miúdo o borrador da nova Lei de Caza sometido a información pública, ADEGA, FRUGA e a ORGACCMM vémonos na obriga de solicitar á Xunta a retirada do actual documento. Trátase dunha norma feita por e para os cazadores, que minimiza o papel da administración, xeralizando a discrecionalidade e entregando a xestión da fauna cinexética aos cazadores máis cavernícolas en detrimento doutros sectores e da sociedade en xeral. O borrador do PP, cociñado por dous avogados de Silvanus cun custo de 49.000€ é en esencia similar á lei de 1997, convintemente retocada para “liberalizar” a caza e reducir o papel da administración a mera tramitadora de permisos. Fronte a este despilfarro, ADEGA encarregou a Martiño Nercellas, biólogo especialista en xestión cinexética, unha proposta de la nova Lei_de_Caza_(495 Kb) dende a sustentabilidade, que queremos achegar aos grupos políticos con custo 0 para a facenda pública.